O grupo de investigación BioMODEM, acrónimo de Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas, pertence á Universidade de Santiago de Compostela, situado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Centra o seu ámbito de investigación, nas smart farming e o desenvolvemento sustentable do mundo rural, tanto para empresas , particulares e Administracións públicas. Cunha visión de bioeconomía circular, a eficiencia e a sustetabilidade son eixos transversais da nosa actividade investigadora
11/02/2025
O Grupo de Investigación BIOMODEM da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, organizará o venres 21 de febreiro, ás 11:00 h unha xornada técnica sobre Distribución Sustentable de Xurro. A xornada terá lugar en Silleda nas instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA, dentro do marco da feira CIMAG-GANDAGRO. O evento celebrarase a sala Mirador 1 na primeira planta do Pavillón 1. A asistencia á mesma é gratuita e na organización colabora a Fundación Enxeñaría Agronómica para o desenvolvemento de Galicia (FIA
BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail: info@biomodem.es
Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.