11/11/2024
O pasado 29 de outubro celebrouse na sede da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) en Santiago de Compostela o evento final do proxecto de innovación do grupo operativo MILLOPRECISO: Agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia, no que se presentaron os principais resultados e conclusións alcanzados desde o seu inicio en 2022.
Este evento formou parte dunha xornada dedicada á presentación de proxectos nos sectores agroalimentario e forestal, o que permitiu coñecer outras iniciativas innovadoras impulsadas por diversos axentes do sector.
Durante o evento, Manuel López Luaces, xefe da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal, Xunta de Galicia), ofreceu unha ponencia na que presentou os principais instrumentos e iniciativas públicas para o impulso do medio rural en Galicia. Ademais, destacou a importancia da colaboración pública no desenvolvemento de proxectos innovadores nestes sectores.
Beatriz Moure, xestora de proxectos en FEUGA, presentou de forma xeral o proxecto MILLOPRECISO, detallando os seus obxectivos, participantes e accións de divulgación, entre outros aspectos. A continuación, Javier Bueno, membro do Grupo de Investigación Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas (BIOMODEM), da Universidade de Santiago de Compostela, ofreceu unha exposición técnica sobre os traballos realizados durante os tres anos de duración do proxecto. Ademais de presentar os avances da USC, Javier detallou as accións levadas a cabo polos outros membros do grupo operativo: Marcos Otero e Gandería Ladrela.
¡Non volo perdades! Podedes velo aquí
O proxecto FUNTRAPA está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22.5% e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2.5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e en globa as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
Orzamento total: 180.000,00 €; Subvención: 180.000,00 €; Cofinanciación UE: 75% FEADER
BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail: info@biomodem.es
Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.